domingo, 6 de xuño de 2021

PADEXANDO COA CATIVADA

 

Que experiencia tan chula, verdade?


Algúns parece que non se poñen dacordo coa "padexada" pero pagou a pena!😁😁








domingo, 21 de marzo de 2021

OITO DE MARZO

 Neste programiña aportamos o que mellor sabemos facer para expresar que cremos na igualdade todo o ano, pero hoxe temos que facernos ver!




mércores, 17 de marzo de 2021

TRAMPA PARA AS VELUTINAS


PINCHADE NESTA IMAXE para ver o programa do "Quen anda aí" na que o TERMINATOR DAS VELUTINAS NOS CONTA CON MÁIS DETALLE O QUE DEBEMOS FACER CON ESTAS ABELLAS MALAS!ollo fixádevos que se debe facer na primavera, xa que logo non será efectiva esta acción: 



(Despois, no minuto 1:31 as familias tamén podedes ver o efecto das "pantallas" nos cativos segundo un neurólogo pediatra.)





domingo, 14 de marzo de 2021

LAMBETADAS DE NORUEGA

 E agora imos co que máis nos gusta: os doces "típicos" de onde sexa! Neste caso de Noruega. 

Graciñas amigos e amigas de sexto pola información TOMAMOS NOTA PORQUE TEÑEN UNHA PINTA!!!!




ENTROIDO EN NORUEGA

 

Vexamos agora que nos contan os compañeiros e compañeiras de sexto sobre o entroido en Noruega. Parecerase tanto como o alemán ao galego? Vexamos e opinade!




ACHEGÁNDONOS A NORUEGA

 Como xa sabedes, este ano en cada curso achegarémonos á cultura dun país diferente de Europa. Á clase de 6º tocoulles investigar sobre Noruega. A ver que nos contan e a ver quen atopa similitudes coa cultura alemá que xa estamos a coñecer moi ben. Podedes deixar a resposta nos comentarios! Ánimo!



luns, 15 de febreiro de 2021

sábado, 30 de xaneiro de 2021

NON TODO É O QUE PARECE

 Non todo sae ben á primeira, e aquí un pequeno exemplo:


Aínda que para ser a primeira vez, non está mal, verdade?



PARTE METEOROLÓXICO DA CATIVADA

 O noso primeiro traballo como profesionais da meteoroloxía! Iso si, xa estamos cansos de tanta BORRASCAAAAAAAAA! 

Para cando un anticiclón???






luns, 18 de xaneiro de 2021

FILOMENA

 

Estivemos moi atentos e atentas á chegada de Filomena, pero ela non se dignou a deixarnos nin un chisquiño de neve....😔.

Como somos un grupo ao que nos encanta viaxar, non puidemos deixar pasar a oportunidade de sentir a neve nas nosas mans!

Que sensación tan molona, verdade?? 



SOMOS FANS DE ESTHER!

O noso capítulo favorito ben merece unha entrada no nos BLOG!!!



 

martes, 5 de xaneiro de 2021

MENSAXE DOS NOSOS REIS MAGOS


Fixádevos como cruzan a fronteira os nosos Reis Magos e que ben falan o galego. Aínda que teñen aí dous erros pequeniños, ímoslles perdoar ás súas maxestades que teñen que aprender moitas linguas, non?


 

luns, 4 de xaneiro de 2021

FRÍO XANEIRO

 FELIZ ANINOVO MOZAS E MOZAS!

Sabedes quen me veu visitar esta mañá? O "paporroibo", ese paxariño que ven no inverno que ten así o bandullo coloradiño, o ANUNCIADOR DO INVERNO: 



Xa coñecemos un paxariño máis! que bonitiño é, verdade?

martes, 22 de decembro de 2020

JERUSALEMA

 

Debido a un trato de grupo no que se solicitou que non se fixese pública a actuación do día 22 de nadal do baile "Jerusalema", botámoslle un ollo aos ensaios nos que o pasabamos tan ben?

luns, 21 de decembro de 2020

ENGALANANDO O NADAL!

 Na aula xa comeza a cheirar a Nadal:



Facendo cousiñas para preparar as nosas casiñas para estes días máxicos: Un móbil (si, en galego con "b")co noso estilo propiO.

Tamén fixemos cousiñas cos tarros que nos gustan tanto nesta aula, aínda que outra vez nos esquecemos de inmortalizar os nosos deseños:


E seguimos cos nosos botes para que teñades un momento doce nestes días e que non vos esquezades de min!😅

domingo, 20 de decembro de 2020

PIRÁMIDE DE NADAL

 Outra tradición alemana que seguro que vos gusta moito é este enxeñoso aparello que está construído de maneira artesanal e que se move coa calor das candeas! Non é incrible??:


A próxima teremos máis coidadiño coas distancias😓

venres, 18 de decembro de 2020

ECOSISTEMAS SUPER CHULOS!

A ver se somos capaces de relacionar todo o aprendido sobre os climas con estes ecosistemas tan traballados!

domingo, 6 de decembro de 2020

CHEGOU O NADAL

 

Como xa sabes a Real Academia Galega admite "nadal" para referirnos ao mes de decembro, así que imos botar man desta palabra tan bonita 😊.

Tamén vos falei da importancia que lle dan ao Nadal en Alemaña e que o día de hoxe é o día de Sankt Nikolaus. Non se trata de Papá Noël, e outra personaxe  que se encarga de anunciar o Nadal (como se fixese falta para unha data que estamos agardando todo o ano, non?). Será algo similar ao noso Apalpador??

Nestas datas lembro da miña infancia que se comezaba outra vez a "bakear" riquísimas galletas especiadas típicas destas datas, a ver quen se anima (as Pfeffernüsse son as máis difíciles, a min sempre me quedan duras):

Speculoos:

Pfeffernüsse:


E aquí os "bakeadores" e "bakeadoras" profesionais (que alegría vervos sen máscara):


Que sorte, algúns contan coa "Termomix" como axudante:

mércores, 11 de novembro de 2020

SANK MARTIN

 

Xa sabedes como se celebra aquí este día non? "A cada porquiño lle chega o seu San Martiño".

E agora tamén sabes como o festexan os nenos e nenas en Alemaña. Lembrades a lenda de Sank Martin (ao final do video sae a canción que xa sabemos " Laterne, laterne...").




E aquí as nosas "laterne":

Pero isto non remata aquí, que outra tradición que nos gustou moito é a do "WECHMANN" que algunha xa se animou a "bakear".

**baken:facer doces no forno (non hai unha palabra na nosa lingua que signifique o mesmo).





Parécese bastante ao orixinal, non??:








venres, 30 de outubro de 2020

SAMAÍN

 Aquí en Galicia, xa sabedes que o día de TÓDOLOS SANTOS é un día moi importante para nós, no que honramos a todas as persoas que nos deixaron, iso non quita que non poidamos ver este día dunha maneira un chisco menos tristeira e darlle o noso toque persoal buscando esas pantasmas boas que nos axudan no día a día, aquí podemos ver as nosas:


Despois conseguimos cazar algunha e atrapala nun bote, pero non temos rexistro fotográfico do momento, así que soamente vos podemos deixar un exemplo:






xoves, 1 de outubro de 2020

SOMOS UN EQUIPO!

  Como xa levamos uns días xuntos e vimos de estar un tempiño separados, temos que facer memoria do que significa formar parte dun GRUPO e funcionar como tal. Lembrades que  estivemos falando das fermosas coreografía dos estorniños que voan sobre Pontevedra á tardiña? Pois aquí vos deixo unha fermosa mostra do traballo en equipo destes estorniños que atopei no noso país veciño Portugal:







Para que os vexades máis preto, pinchade nas fotos para poder ampliar e ver os estorniños, cantos serán en total?:







Que vos transmiten estas imaxes? comentade😉